A vida vaiche ensinar, que o diñeiro ¡forma parte da vida!
Miñas fillas, ¡filliñas miñas! Vidas novas, ¡unhas criaturiñas!
Terra fermosa dos mil ríos, luar encantado que nos fai soñar.
Soños, soños, soños..., ¡de amor!
¿Con quen debo eu intimar, do que penso, do que sinto?
¿Con quen teño que compartir, meus fracasos, meus desvaríos?
¿Con quen debo eu estar, para as malas, e para as boas?
¿Con quen está o meu corazón, día e noite, a todas horas?
Non son poeta, son un traballador, que ten por pluma un corazón.
As verbas nacen da vida e do amor, da dor e da incomprensión.
Non son poeta, son un pensador, que escribe versos, no papel da razón
No silencio da noite, bágoas lle caen ¡de saudade!, ¡de morriña!.
Unha beleza da vida, lonxe da casa ¡da súa terriña!.
Pola ventá vinche, pola ventá me namorei
Pola ventá caéronme os ollos, ¿quen foi a que mos recolleu?
O corazón púxose tolo, ¿quen toleou meu corazón?